Pseudonimia e pseudoalofonía: as carautas onomásticas de Álvaro Cunqueiro nos seus artigos e traducións

Palavras-chave: Cunqueiro, tradución, pseudónimos, pseudoalófonos, onomástica lúdica

Resumo

Ao longo de medio século de creación poética e colaboracións en prensa, Cunqueiro asinou milleiros de artigos e traducións con pseudónimos e moitas traducións poéticas con ducias de pseudoalófonos, de maneira que as máscaras onomásticas empregadas polo mindoniense sobrepasan o centenar. Neste artigo facemos unha aproximación a estoutros cunqueiros enmascarados, revelamos as súas formas e avanzamos algunhas hipóteses sobre os motivos que levaron a Cunqueiro a usar deles. Aprofundamos na espiral desta onomástica lúdica do mindoniense desvelando medio cento de poemas de alofonía fantástica ou pseudoalofonía –que poderían ser poemas orixinais de Cunqueiro– e dous pseudónimos máis empregados como supostos «axudantes de tradución ou tradutores» de poesía alemá e sueca.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2021-12-23
Como Citar
Costas X.-H. (2021). Pseudonimia e pseudoalofonía: as carautas onomásticas de Álvaro Cunqueiro nos seus artigos e traducións. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 24, 33-50. https://doi.org/10.5209/madr.80232
Secção
Artigos