Os refuxiados políticos e a tradución
Resumo
O obxectivo xeral deste traballo consiste en facer patente a especificidade dos refuxiados políticos galegos en América desde a perspectiva da tradución como práctica. Analizamos a actividade dalgúns destes tradutores galegos, en xeral con formación universitaria, escritores e humanistas que se marcaron o deber de loitar para manter e recuperar o período de progreso cultural da España republicana anterior á Guerra Civil española. Ó tempo conseguiron introducir novos textos nos países de acollida co que potenciaron a súa cultura en xeral e a súa industria editorial en particular. A modo de ilustración abordamos de forma máis detallada a actividade do refuxiado político e historiador José Almoina de Mateos (1903-1960).Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.




