A tradución literaria en Galicia na ditadura (1936-1975), un desafío á lóxica dominante. A primeira tradución de "Platero" ao galego

  • Áurea Fernández Rodríguez Universidade de Vigo
Palavras-chave: ditadura, proceso de tradución minoría, teoría do actor-rede

Resumo

Mediante a análise da primeira tradución ao galego da obra Platero e mais eu, pretendemos amosar que as condicións sociolóxicas, aínda que esenciais, non bastan para dar conta de todo o complexo proceso da tradución. Optamos polo tanto por un modelo flexible capaz de integrar todos os mediadores humanos e non humanos tal e como o entende a teoría do actor-rede. Ademais recuperamos un documento totalmente en vigor na actualidade co que podemos crear un paralelismo entre un contexto hostil pretérito e a actual situación ameazante para unha cultura minoritaria como a galega ante dous fenómenos que se están a vivir no século XXI: a denominada mundialización ou globalización e o nacemento dunha nova forma de ditadura, a dos grandes mercados que dictan as súas normas.

Downloads

Não há dados estatísticos.

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2013-09-19
Como Citar
Fernández Rodríguez Á. (2013). A tradución literaria en Galicia na ditadura (1936-1975), un desafío á lóxica dominante. A primeira tradución de "Platero" ao galego. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 16, 31-41. https://doi.org/10.5209/rev_MADR.2013.v16.42987
Secção
Artigos