Antes de soñármonos eléctricos. Ficción científica e distopía no final do franquismo
Resumo
A relación da cultura galega con ámbitos como a ficción científica ten unha serie de características específicas. A historia literaria galega considera a publicación de Soños eléctricos de Ramón Caride en 1992 a primeira achega literaria a este subxénero; porén, existe unha serie de precedentes próximos á ficción científica entre o final do franquismo e a aparición desta obra emblemática. Neste artigo analízase a pegada desas propostas, previas á parte máis importante do desenvolvemento editorial galego e relativamente independentes das súas principais liñas de acción. Detéremonos especialmente na súa calidade de obras aparecidas nunha marxe cultural e histórica, polo feito de seren anteriores ou antagonistas da “cultura da normalización”. Asimesmo, na idea de que as especulacións futurista teñen sempre unha dimensión política implícita ou explícita, este artigo analiza cómo esta dimensión aparece nos casos de estudo. Para isto, centrarémonos na súa relación coa ciencia e a tecnoloxía, en como presentan a organización social, na posibilidade dunha lectura poscolonial e, máis específicamente, nas representacións de xénero e da sexualidade, aplicando o enfoque que ofrecen os estudos queer para identificar alternativas ou persistencias da cultura heteronormativa.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.




