O posesivo non concordado en galego e en castelán de Galicia como mudanza sintáctica en curso
Resumo
O presente artigo ofrece unha análise de dous tipos de pronome posesivo non concordado que son posibles en galego e no castelán de Galicia. Por unha banda, o coñecido avance do paradigma cara a estruturas nucleadas por un adverbio de lugar, do tipo de diante miña. Pola outra, o menos descrito, mais tamén frecuente, posesivo carente de concordancia en locucións adverbiais de significado locativo e outras. Trátase de exemplos como ao lado súa e semellantes. A análise consiste nun baleirado dos corpus TILG, CORGA e CORILGA para o galego, ESLORA para o castelán de Galicia. Mediante eles dáse conta da cronoloxía do fenómeno e do poder explicativo dos seguintes factores no avance da innovación: a persoa gramatical, o tipo de adverbio ou locución adverbial, o grao de animación do antecedente, entre outros. Arguméntase, así mesmo, en favor da interpretación da mudanza como cambio desde abaixo, e descríbense os dous intentos de operar un cambio desde arriba sobre a innovación. Finalmente, achéganse evidencias en favor da interpretación do cambio sintáctico como endóxeno e procúrase unha explicación novidosa do fenómeno peculiar que representa a selección do xénero feminino para a forma de posesivo en ambos os sistemas lingüísticos.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.




