Sobre a “liberdade de elección” e o “equilibrio lingüístico” no ensino: análise empírica do discurso parlamentario galego sobre os decretos de distribución de linguas
Resumo
O obxectivo principal deste traballo é realizar unha análise sobre o fundamento empírico dos argumentos que se empregaron en cinco debates parlamentarios arredor dos Decretos 124/2007 e 79/2010, os dous últimos que tratan a distribución de linguas no ensino non universitario de Galicia. Para comprender os motivos das diferenzas ideolóxicas e políticas que separan ambos os dous textos, elaboramos un estudo crítico de cinco debates parlamentarios en que se discuten estas cuestións e contrastamos os argumentos achegados con outras fontes secundarias de consulta, de maneira que poidamos comprender o contexto do debate sobre as linguas que se xerou en Galicia entre os anos 2007 e 2010.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.