Áreas léxicas e dominios lingüísticos no noroeste da península ibérica
Resumo
Os atlas lingüísticos constitúen unha excelente fonte de datos para coñecer a distribución xeográfica das variedades e tamén o modo en que estas se interrelacionan, unha vez que rexistran nas súas cartas as variantes recorrentes en determinadas áreas asociadas a unha mesma variable. A pesar do valor destas obras e da riqueza da información que fornecen para a investigación nos distintos ámbitos da lingüística, deica agora son poucos aínda os traballos que as utilizaron para descubrir as relacións de contacto entre dominios lingüísticos. Entre as razóns que explican esta desconsideración están a dificultade para tratar datos en formato cartográfico e o simple descoñecemento do valor da información que albergan estas obras. Neste traballo preséntase unha análise exploratoria dun pequeno grupo de preguntas da sección de léxico dos cadernos do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI) pertencentes a unha área do noroeste peninsular que comprende distintos dominios lingüísticos romances. As variantes léxicas seleccionadas corresponden a dez conceptos asociados con denominacións de partes do corpo humano. Os resultados do estudo compáranse e póñense en relación con algunhas investigacións previas que abordaron os límites dos dominios lingüísticos nesta zona da península. Ademais, dáse conta das similitudes e semellanzas na distribución das variantes de distintos niveis de análise xeolingüística e identifícanse algúns padróns de distribución de variantes léxicas.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.