Áreas léxicas e dominios lingüísticos no noroeste da península ibérica

  • Marta Negro Romero Universidade de Santiago de Compostela
  • Xulio Sousa Universidade de Santiago de Compostela
Palabras clave: xeografía lingüística, áreas léxicas, portugués, galego, castelán, ástur-leonés, ALPI

Resumen

Os atlas lingüísticos constitúen unha excelente fonte de datos para coñecer a distribución xeográfica das variedades e tamén o modo en que estas se interrelacionan, unha vez que rexistran nas súas cartas as variantes recorrentes en determinadas áreas asociadas a unha mesma variable. A pesar do valor destas obras e da riqueza da información que fornecen para a investigación nos distintos ámbitos da lingüística, deica agora son poucos aínda os traballos que as utilizaron para descubrir as relacións de contacto entre dominios lingüísticos. Entre as razóns que explican esta desconsideración están a dificultade para tratar datos en formato cartográfico e o simple descoñecemento do valor da información que albergan estas obras. Neste traballo preséntase unha análise exploratoria dun pequeno grupo de preguntas da sección de léxico dos cadernos do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI) pertencentes a unha área do noroeste peninsular que comprende distintos dominios lingüísticos romances. As variantes léxicas seleccionadas corresponden a dez conceptos asociados con denominacións de partes do corpo humano. Os resultados do estudo compáranse e póñense en relación con algunhas investigacións previas que abordaron os límites dos dominios lingüísticos nesta zona da península. Ademais, dáse conta das similitudes e semellanzas na distribución das variantes de distintos niveis de análise xeolingüística e identifícanse algúns padróns de distribución de variantes léxicas.

 

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.
Ver citas

Descarga artículo

Crossmark

Métricas

Publicado
2019-12-05
Cómo citar
Negro Romero M. y Sousa X. (2019). Áreas léxicas e dominios lingüísticos no noroeste da península ibérica. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 22, 223-239. https://doi.org/10.5209/madr.66861
Sección
Artículos