O fragmento galego-portugués do "Livro de Tristam". Nova proposta cronolóxica e diatópica

  • Ricardo Pichel Universidade de Santiago de Compostela, Instituto da Lingua Galega; Universidad de Alcalá.
  • Xavier Varela Barreiro Universidade de Santiago de Compostela, Instituto da Lingua Galega.
Palavras-chave: Prosa artúrica galego-portuguesa, Livro de Tristam, dialectoloxía galega medieval, paleografía, grafemática, mecenado literario.

Resumo

Na tradición de estudo do Livro de Tristam é comunmente aceptada como cronoloxía para o fragmento galego- portugués a segunda metade ou as últimas décadas do século XIV. Nas súas coordenadas xeográficas non se foi máis aló de situar a copia do manuscrito en territorio galego (por oposición ao portugués). Centrando a atención neses dous eixos, os autores presentan neste artigo unha nova proposta cronolóxica e xeográfica apoiada en indicios de natureza lingüística, paleográfica e grafemática. Con estas novas precisións cronolóxicas adiantan a copia á primeira metade do século XIV e apuntan ao último terzo do século XIII como a época na que se realizou a tradución, do francés para o galego-portugués, do seu antecedente (moi probabelmente na corte portuguesa). As precisións xeográficas realizadas restrinxen a área xeográfica do copista á terra galega meridional de Toroño, na diocese de Tui.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Como Citar
Pichel R. y Varela Barreiro X. (2017). O fragmento galego-portugués do "Livro de Tristam". Nova proposta cronolóxica e diatópica. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 20, 159-214. https://doi.org/10.5209/MADR.57636
Secção
Artigos