Sobre as subvencións públicas á tradución editorial galega (2008-2016)
Resumo
A tradución (literaria) é unha acción social e, como tal, forman parte dela a súa recepción como produto da industria cultural, as editoriais, as políticas de tradución, as tradutoras etc. As decisións que se toman en canto á finalidade (sexa política, comercial ou cultural) das traducións derivan das circunstancias políticas, así como das posicións culturais ou estéticas do momento. Tradicionalmente, a maior parte da edición en lingua galega corre a cargo de editoriais privadas galegas, ademais da edición por institucións públicas que se sitúa ó redor dun 10% sobre a edición total en galego, así como a das editoriais privadas de ámbito estatal (25%). O estudo analiza as convocatorias das axudas públicas á tradución editorial en Galicia dende o inicio da actual crise económica (2008) até a actualidade (2016). Estas inciden na promoción e planificación das traducións no seo das editoriais privadas. Alén dos factores económicos examinamos os criterios de adxudicación de axudas nos últimos anos á luz dunha política da tradución para un sistema cultural en situación subalterna.Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.