A tradución d’"A esmorga" ao catalán, unha viaxe comprometida

  • Jaume Silvestre Llinares Universitat Oberta de Catalunya, XXX.
Palavras-chave: Estudos de tradución, narrativa contemporánea, culturemas, cultura catalá, Eduardo Blanco Amor, A esmorga.

Resumo

O obxectivo deste artigo é analizar a tradución ao catalán d’A esmorga de Eduardo Blanco Amor, proxecto que rematei en 2014 coa publicación do texto na editorial balear El gall Editor. Deste xeito, é a nosa vontade dinamizar o diálogo co escritor ourensán, neste caso desde o ámbito de tradución e do marco cultural catalán. Un diálogo de crecente interese pola súa obra, como o ratifica á recente adaptación cinematográfica de Ignacio Vilar, ou as traducións en asturiano La folixa (1998), dúas en italiano A esmorga (2006) e La baldoria (2007), en francés La noce (2007), en inglés On a bender (2012). Así pois, imos abordar esta trasfega galego-catalá desde a óptica da interculturalidade para subliñar os principais desafíos aos que nos enfrontamos tanto en termos culturais como lingüísticos. En primeiro lugar, cómpre estabelecer as ligazóns entre Blanco Amor e a cultura catalá para basear os motivos da presente tradución. En segundo lugar, trazaremos as solucións propostas a aqueles elementos dificilmente permeábeis entre ámbalas culturas e linguas, con especial atención aos culturemas e o léxico, tan enraizado desde un punto de vista antropolóxico. Finalmente, a nosa intención é engadir unha visión breve do contido d’A esmorga que poida servir doutro nexo de unión entre as culturas galegas e catalá. Estamos a falar dunha lectura carnavalesca, do entroido, segundo a teoría de M. Bakhtin. A ligazón entre ámbalas culturas é clara por mor das situacións de opresión lingüística, ademais de diglósica, e cultural que reflicten os personaxes, unha situación que tenta ser subvertida.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2017-05-18
Como Citar
Silvestre Llinares J. (2017). A tradución d’"A esmorga" ao catalán, unha viaxe comprometida. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 20(Especial), 223-230. https://doi.org/10.5209/MADR.56235