Un medio “arxentino” nos corolarios da Guerra Civil: Galicia e as fronteiras textuais das páxinas transatlánticas de "España Republicana"
Resumo
No marco dos estudos transatlánticos, a presente proposta aspira a salientar parte da presenza de Galicia nas letras de España Republicana, publicación do Centro Republicano Español de Buenos Aires, órgano de prensa que albergou cuestións políticas pero tamén culturais en termos amplos. Os ancoradoiros xenéricos e as características dun determinado soporte poden ser sometidas a unha análise baseada en relatos que migran desde algunha publicación clandestina e que pasan a ser núcleos posibles para as referencias á Guerra Civil e as súas consecuencias, a difusión de textos concibidos como literarios e de nula posibilidade de difusión na España franquista, e a resignificación de diferentes realizacións da resistencia de escritores e escrituras de Galicia. Establecerase unha selección centrada nos anos 40 e 50 que permite –nas tan estudadas converxencias pero tamén nas friccións entre xornalismo e literatura– entrever nodos narrativos dunha cultura longamente silenciada, portadora dun destacado rol no campo literario que ineludibles figuras de autor cultivaron na Arxentina e que atopan nas páxinas do xornal feito en Buenos Aires unha particular resonancia. Tanto personalidades destacadas como suxeitos anónimos capaces de dar mostras de universalización e representatividade son tomados por un soporte que desde 1918 e ata comezos da década dos 80 do século XX sostivo –malia a distancia e as dificultades materiais que por momentos puxeron en perigo a súa periodicidade– as voces, as noticias e os principios do republicanismo, cun sitio sobranceiro para Galicia.Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.