A recepción da lírica galego-portuguesa medieval en Arxentina. Morriña e estudos académicos ao outro lado do océano Atlántico
Resumo
O obxetivo deste traballo é dar conta de como a desventurada década dos 30 española impactou, a través dos seus exiliados, na sociedade e na cultura da República Arxentina por máis de dúas décadas, e estableceu un canon diferente do europeo para a lírica galego-portuguesa medieval. Con esta finalidade, faise un reconto das publicacións sobre o tema na década dos 40 e 50 dentro do ámbito editorial porteño. Por unha banda, a temperá e senlleira antoloxía Poesía gallega medioeval de los siglos XII al XV, publicada por Emecé en Bos Aires uns anos despois da finalización da Guerra Civil española (1941) por un encuberto Luís Seoane na colección por el fundada, Dorna, pode lerse como un fito no tocante á circulación e recepción da lírica galego-portuguesa fóra de España. Este primeiro pulo, seguido pola edición divulgativa dalgunhas cantigas no Florilegio de la Biblioteca Vaticana de Francisco Luís Bernárdez en 1952 e a de certas publicacións do Centro Galego de Bos Aires, parece fundarse nun sentimento de morriña de quen está lonxe da súa terra. Mais este proceso erixirase en produción académica coa obra de Claudio Sánchez Albornoz, presidente da República Española no exilio, quen fundará unha nova etapa para os estudos sobre España e sobre Galiza e a lírica galego-portuguesa en Arxentina. Un dato de interese do traballo radica no feito de que no percorrido que se propón revelarase que foi neste país onde se publicou a primeira antoloxía de lírica galego-portuguesa medieval.Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.