Inmigración e prostitución nos contidos mediáticos. Unha análise diacrónica ao redor da construción da Outra na prensa galega e estatal
Resumo
As mulleres constrúense nos medios de comunicación como as Outras, fronte ao protagonismo do home branco, en cargos de poder e clase media alta como protagonista maioritario. Mais a esta discriminación de xénero únese, no caso das mulleres que exercen a prostitución, discriminacións de clase, e/ou relacionadas coa procedencia nacional, étnica ou racial, dado que prostitución e inmigración están, no Estado español e en Galicia, relacionadas de modo estreito. Os estudos sobre Comunicación e Xénero no Estado deixaron en segundo lugar a análise da intersección da discriminación de xénero con outro tipo de discriminacións. Neste traballo analizaremos a contribución da prensa á construción das mulleres que exercen a prostitución como as Outras das Outras. Os resultados foron obtidos en dúas investigacións, unha a nivel galego, e outra, froito da traslación do estudo galego ao contexto do Estado, baseadas na combinación da análise de contido e da análise crítica do discurso.Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.