A muller emigrante e exiliada como custodia da memoria histórica galega. O caso do proceso a José Mejuto Bernárdez, republicano fusilado en 1937
Resumo
O mecánico naval de Cangas do Morrazo, José Mejuto Bernárdez (1906-1937), viuse incurso nun proceso militar a raíz da represión política en Galicia durante a guerra civil española (1936-1939). Antes de ser fusilado, escribiu unha trintena de cartas no cárcere. Ata a súa publicación en 2015, foron custodias desta memoria epistolar as mulleres da súa familia, que viaxaron a principios dos anos 50 de Galicia a Buenos Aires nunha emigración que agochaba unha modalidade máis do exilio republicano. Coas ferramentas da Retórica, lévase a cabo unha lectura confrontada dos momentos máis relevantes do proceso tal como aparecen no expediente do Consello de Guerra e nas cartas que Mejuto envía desde a cadea.Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.




