O papel da tradutora no campo literario galego

  • Ana Luna Alonso Universidade de Vigo
Palavras-chave: Estudos de tradución, campo literario, literatura traducida, tradutoras, clasificación.

Resumo

Este artigo ten como obxectivo principal contribuír a dar a coñecer o papel das responsables das traducións literarias cara á lingua galega realizadas a partir do período democrático, así como establecer unha proposta de clasificación dos seus perfís profesionais no marco da actividade do sector editorial. A partir da análise dos datos rexistrados no catálogo BITRAGA2, investigamos sobre a función das persoas que traducen e o seu desenvolvemento social como mediadoras interculturais, axentes de transferencia, iniciadoras de proxectos e fabricantes de repertorio con capacidade para introducir novos debates na política editorial das obras traducidas. Con este traballo damos a coñecer cales son os circuítos que permiten descubrir se a escolla responde a unha encarga ou a unha proposta persoal da tradutora que procura darlle visibilidade a unha determinada obra e autoría. O estudo dos casos seleccionados e os proxectos analizados atenden á súa representatividade e significación para o campo literario galego.

Downloads

Não há dados estatísticos.

Biografia Autor

Ana Luna Alonso, Universidade de Vigo
Departamento de Tradución e Lingüística.


##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2017-05-18
Como Citar
Luna Alonso A. (2017). O papel da tradutora no campo literario galego. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 20(Especial), 147-156. https://doi.org/10.5209/MADR.56228