Literatura, crítica e mercado do libro en "De Mar a Mar" (1942-1943): unha lectura da revista á luz das conexións editoriais do exilio galego na Arxentina
Resumo
Este artigo analiza as relacións entre literatura, crítica e mercado do libro na revista literaria De Mar a Mar, publicada en Bos Aires entre 1942 e 1943 por un grupo de exiliados da Guerra Civil española, sobre todo galegos. A análise céntrase en dous aspectos específicos da revista: por unha banda, con respecto ao seu contido, analízanse as noticias bibliográficas e os anuncios editoriais publicados nas súas páxinas; por outra banda, en relación ao seu contexto, considérase o traballo dos seus directores e colaboradores habituais, no mercado editorial en Arxentina, que estaba vivindo daquela a súa “época de ouro”. A ligazón destes dous aspectos analizados bota luz sobre conexións editoriais que fundamentan a revista De Mar a Mar e que inciden na composición das súas diferentes entregas.Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.