Elas e soas. A vulnerabilidade e a ausencia na produción literaria galega marcada polo exilio
Resumo
Neste artigo, partindo dalgúns exemplos de Rafael Dieste e Luís Seoane, indagamos na razón pola cal nalgúns textos de autores exiliados tralo golpe de estado de 1936 a viúva de vivo, como modelo fundacional da espera, deixa de ser apenas una metáfora da feminidade que encarna a nación. A construción da memoria e da identidade simbólico-cultural do exilio e da emigración galegas están feitas en clave de odisea colectiva. Polo tanto, a comunidade transnacional ha de ter un vínculo coa idea de retorno. De aí a importancia central da representación da ausencia e da espera nas súas obras e a presencia da viúva de vivo como representación da nación. Porén, en moitas ocasións, a muller real rexurde da metáfora cando os exiliados a tratan como suxeito histórico merecente de memoria e conectado co presente. Do mesmo xeito que acontecera na sección “Viúvas de vivos” de Follas Novas, ao centrarse na situación durísima na que elas viven devólvenlles a voz que a mitificación e a descorporización lles arrincara. Isto acontece porque estes autores, como desterrados, escriben desde unha posición exílica dentro do sistema literario, de modo semellante a como escribira Rosalía de Castro polo feito de ser muller. Desde este espazo marxinal vense obrigados a afrontar os valores decimonónicos e patriarcais sobre os que asenta o naturalizado vencello entre nación e cultura, achegando outras lecturas que o nacionalismo esencialista tiña deixado fóra e que eles necesitaban para facer unha reconstrución da identidade nacional desde posicións ideolóxicas novas derivadas da vivencia da Guerra Civil e da necesidade de convivir e dialogar con outras culturas.Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.