"Memorias dun neno labrego": a forxa dun "longseller"

  • Iolanda Galanes Santos Universidade de Vigo
Palavras-chave: Neira Vilas, longseller, obra literaria representativa, literatura de emigración, literatura galega, socioloxía cultural.

Resumo

A obra Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas, considerada o bestseller da literatura galega, foi obxecto de diversas clasificacións desde a súa primeira edición ata hoxe. O obxectivo xeral da nosa contribución é afondarmos na literatura da emigración e coñecer o seu significado para o sistema literario galego, a través do estudo da peripecia do autor e da obra en contexto, así como da súa recepción. Un segundo obxectivo é poñer o foco nos procesos de produción e edición dunha obra literaria galega exitosa no tempo e cun percorrido internacional. A metodoloxía de estudo é a análise sistemática dos peritextos das edicións da obra, da inxente correspondencia epistolar do autor e da crítica literaria para, a través da súa recepción, debullar o(s) significado(s) que a obra adquiriu nestes cincuenta e cinco anos. Este percurso ofrece datos que nos levan a concluír que Memorias é unha obra de emigración, de longo percorrido (longseller). O noso traballo, alén de compilar información crítica, achega novos datos sobre dous proxectos editoriais singulares (Follas Novas e Rúa Nova) que a incluíron ou proxectaron incluíla no seu catálogo.

Downloads

Não há dados estatísticos.

Biografia Autor

Iolanda Galanes Santos, Universidade de Vigo
Departamento de Tradución e Lingüística.

##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2017-05-18
Como Citar
Galanes Santos I. (2017). "Memorias dun neno labrego": a forxa dun "longseller". Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 20(Especial), 113-126. https://doi.org/10.5209/MADR.56225