"Imágenes de Galicia", gravados de Luís Seoane en Bos Aires
Resumo
Luís Seoane desenvolveu durante décadas unha obra artística polifacética, con especial interese e recorrencia na obra gráfica múltiple; coa súa posibilidade de difusión estendida, esta produción constituíu un dos aspectos máis significativos do seu corpus. Neste sentido, os libros foron soportes privilexiados para a circulación plural das súas imaxes –en especial, aquelas realizadas en xilografía–, protagonizadas por personaxes populares ou lendarios e representados desde un discurso visual moderno. Este artigo analiza a produción gráfica de Seoane en Bos Aires, centrándose no libro Imágenes de Galicia publicado por Albino Fernández en 1978. Exponse como hipótese principal que o conxunto das 72 xilografías que integran a publicación condensan o imaxinario desenvolvido polo artista ao longo da súa carreira. A súa vontade de dar expresión gráfica aos tipos e relatos populares foi unha das súas principais estratexias de intervención pública, en tanto manifestación do seu compromiso ético cara á cultura galega e arxentina do século XX.Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.