A temperá inmigración galega en Bos Aires: condicionantes e características da súa inserción socio-ocupacional

  • Nadia Andrea de Cristóforis Universidad de Buenos Aires
Palavras-chave: Inmigrantes, galegos, cidade de Bos Aires, inserción socio-ocupacional.

Resumo

A fins da etapa colonial as emigracións dos galegos cara a Bos Aires incrementáronse. Este fenómeno estivo estimulado polo aumento da taxa emigratoria no noroeste hispánico e polo atractivo exercido pola capital do vicerreinado. Neste traballo concentrarémonos nos procesos de inserción socio-ocupacional dos galegos no Bos Aires tardo-colonial. Para iso, basearémonos principalmente en documentación nominativa (os padróns de habitantes de 1806-1807 e 1810 ou as actas matrimoniais) que será complementada con outra de índole máis cualitativa (testamentos de galegos ou expedientes varios do Archivo General de la Nación da Arxentina). En primeiro lugar, analizaremos as características da estrutura ocupacional dos galegos. En segundo lugar, focalizaremos as actividades comerciais despregadas polos devanditos inmigrantes, explicando en que consistiron e cales foron as vías de ingreso ao exercicio mercantil. Consideramos que os trazos do comercio rioplatense, que ofrecía accesibles vías de ingreso aos recentemente chegados, e a asistencia brindada por redes étnicas e familiares, permitiron que os galegos puidesen inserirse nos circuítos de intercambios e permanecer neles con variable éxito. Así mesmo, o importante grao de inserción no ámbito mercantil puido incidir sobre os nichos ocupacionais que quedaron configurados no período da inmigración masiva de galegos.

Downloads

Não há dados estatísticos.

Biografia Autor

Nadia Andrea de Cristóforis, Universidad de Buenos Aires
Instituto de Investigaciones “Gino Germani”, Consejo Nacional de Investigaciones Científicas y Técnicas.

##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2017-05-18
Como Citar
de Cristóforis N. A. (2017). A temperá inmigración galega en Bos Aires: condicionantes e características da súa inserción socio-ocupacional. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 20(Especial), 59-72. https://doi.org/10.5209/MADR.56220