A "Medea dos fuxidos" de Manuel Lourenzo e a "Medea" de Eurípides. Influencias textuais e conceptos ético-emocionais
Resumo
Medea dos Fuxidos, poema escénico de Manuel Lourenzo, dramatiza boa parte da temática contida na célebre traxedia euripídea Medea. Pese a que o autor dramático galego procede a realizar unha adaptación cultural de gran calado, reformulando aspectos de toda índole (personaxes secundarios, ambientación, ideario antropolóxico...), a obra conserva, tal como demostra este estudo, trazos importantes da versión grega, a saber, liña temática, pasaxes textuais e caracterización dramática.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.