Literatura, paisaxe e toponimia: outra vez Sarmiento
Resumo
Desde a Idade Media é moi frecuente na literatura galega o establecemento de estreitos vínculos por parte dos autores (especialmente poetas) con lugares e territorios. Nesta relación é fundamental o topónimo, que funciona como marca de apropiación. Xa na Idade Contemporánea, entre outras mudanzas, obsérvase o intento de utilizar a paisaxe, sempre cos seus topónimos, nunha estratexia xeral de liberación propia das literaturas de nacións subalternas. Quen primeiro iniciou a mencionada estratexia e se axudou da arma dos topónimos na súa apropiación (ría de Pontevedra) foi Martín Sarmiento no seu Coloquio (1746). Mentres que Rosalía (Terra de Iria) continúa a liña sarmentista con Cantares gallegos (1863), Pondal (Bergantiños) no XIX cos seus Queixumes dos pinos (1886) e Uxío Novoneira (O Courel) no XX con Os eidos (1955) modulan fortemente a estratexia de apropiación ó crearen as súas respectivas paisaxes fónicas nas que o topónimo volve ser un eixo fundamental.Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.