A escrita SMS desde a perspectiva dos seus utentes. Unha achega sobre a lingua galega
Resumo
O presente estudo analiza as características das mensaxes de texto, unha das aplicacións das Tecnoloxías da Información e da Comunicación que máis crecemento está a experimentar e que se consolidou nos últimos tempos como un dos elementos comunicativos de maior expresividade da Era Electrónica. A nosa análise partirá das premisas da Lingüística Perceptiva e, a través dos resultados obtidos dun inquérito, daremos conta do que os galegos e as galegas xulgan sobre este medio de comunicación e sobre o sistema de representación da escrita –a linguaxe SMS– que a el xorde asociado. Tamén determinaremos –segundo as súas consideracións– o perfil das persoas usuarias, as razóns fundamentais que motivaron o suceso desta ferramenta e a finalidade para a que se utiliza. E finalmente, realizaremos tamén unha aproximación ás propiedades lingüísticas que manifestan as SMS e estudaremos a súa consideración social e a súa proxección a outros ámbitos.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.