Denominacións do "umbilicus rupestris" no territorio galegófono: unha aproximación a partir dos datos do ALGa (II)
Resumo
Neste traballo reunimos varias das formas rexistradas no ALGa para denominar a planta coñecida na nomenclatura científica como Umbilicus rupestris (Salisb.) Dandy. A partir dun repertorio de máis de cincuenta ítems, elaboramos una proposta de agrupación baseada en criterios motivacionais e, en menor medida, etimolóxicos. Así mesmo, procuramos contextualizar sempre os datos obtidos dentro do ámbito románico, onde detectamos pautas similares ás que fomos capaces de identificar para o territorio galegófono.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.