A fortuna de "Historia Troiana" petrista (BMP ms. 558). Notas sobre a súa xénese, procendencia e vicisitudes

  • Ricardo Pichel Gotérrez Universidad Complutense de Madrid Universidade de Santiago de Compostela
Palavras-chave: literatura e historia medieval, Pedro I de Castela, Nuno Freire de Andrade, Casa de Lemos, Casa de Astorga-Altamira, Marcelino Menéndez Pelayo.

Resumo

Neste traballo presentamos algúns aspectos relacionados coa xénese, a procedencia e a historia externa do ms. 558 da Biblioteca Menéndez Pelayo, coñecido como a Historia Troiana “bilingüe” (séc. XIV) por combinar de xeito independente o castelán e o galego na súa redacción final. Trátase dun manuscrito en orixe castelán encargado polo rei Pedro I de Castela cara a finais da década dos 60 que, tras unha importante deterioración, sería restaurado e completado en galego pouco despois (ca. 1369-171) baixo o mecenado de Nuno Freire de Andrade, Mestre da Orde de Cristo portuguesa. O contexto socio-político e cultural que condicionou a xénese desta obra (tanto na súa versión primixenia castelá como na recreación híbrida galego-castelá que hoxe conservamos), xunto coas vicisitudes polas que pasou o manuscrito desde finais da Idade Media até a súa incorporación na valiosa colección documental de D. Marcelino Menéndez Pelayo a finais do séc. XIX, serán os puntos principais de análise neste artigo.

Downloads

Não há dados estatísticos.

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2012-06-14
Como Citar
Pichel Gotérrez R. (2012). A fortuna de "Historia Troiana" petrista (BMP ms. 558). Notas sobre a súa xénese, procendencia e vicisitudes. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 15, 119-130. https://doi.org/10.5209/rev_MADR.2012.v15.39200
Secção
Artigos