A lingua galega no espello. Edición e estudo de seis vilancicos cantados fóra de Galicia antes de 1650
Resumo
Transcribimos e estudamos seis vilancicos en lingua galega cantados, e probablemente producidos, en territorios de lingua española ou portuguesa antes de 1650 (Valladolid, Toledo, Sevilla, Jerez de la Frontera, Lisboa, México). Son vilancicos non paródicos, nos que a lingua é o trazo que mellor identifica os fillos de Galicia, homes e mulleres humildes que acoden a celebrar o nacemento doutro galego pobre, o meniño que está chamado a ser o seu novo señor e o seu redentor. Son textos que presentan diversos graos de hibridación lingüística, debida ás características do sistema galego na altura, á acomodación a un público que fala español ou portugués, á transmisión textual ou a un impulso hipercaracterizador. O noso obxectivo, ademais do de contribuír ao coñecemento desta selección en concreto, é borrar a sospeita de falsificación deitada inxustamente sobre todo o amplo corpus de vilancicos, sen facer distingos: o traballo de edición filolóxica fai posible analizar a hibridación lingüística e separar os trazos/textos imitativos dos verdadeiros trazos/textos galegos, establecer unha cronoloxía relativa entre variantes e o seu itinerario xeográfico, e mais arrequentar o coñecemento do galego deste período, tan necesitado de novos datos e de novos textos. Asemade, mostramos como, a través dos fenómenos máis recorrentes (reais ou finxidos), se pode obter o conxunto de trazos con que noutros territorios hispánicos labraban o retrato lingüístico dos galegofalantes.Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.




