Fontes para a Historia da “quinta provincia”: o Arquivo da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina

  • Ruy Farías Consejo Nacional de Investigaciones Científicas y Técnicas; Universidad Nacional de San Martín, Cátedra Galicia-América; Museo de la Emigración Gallega en la Argentina.
Palavras-chave: Migracións, exilio republicano español, Galicia, Bos Aires, asociacionismo galego, fontes de información.

Resumo

No balance dos séculos XIX e XX, a República Arxentina foi o máis importante destino mundial das migracións orixinadas en Galicia. A súa capital, Bos Aires, foi ademais durante polo menos cinco décadas da pasada centuria a cidade coa maior cantidade de galegos do planeta. Nela xestaron un vasto tecido institucional do cal, dende 1921, formou parte a Federación de Asociaciacións Galegas da República Arxentina. Co paso do tempo a devandita entidade xerou unha enorme e valiosa masa de documentación que, xunto á de varias sociedades microterritoriais galegas e a do extinto Centro Republicano Español de Buenos Aires, conforman un impresionante acervo documental. No presente escrito analízanse a composición e características dos fondos do arquivo da Federación, ao mesmo tempo que se ofrece unha interpretación do valor dos mesmos e as posibilidades que ofrecen á investigación das migracións e o exilio galego na Arxentina.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2017-05-18
Como Citar
Farías R. (2017). Fontes para a Historia da “quinta provincia”: o Arquivo da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 20(Especial), 87-99. https://doi.org/10.5209/MADR.56222