Desexo, fotografía e literatura en Blanco Amor
Resumo
A fotografía, no caso de Eduardo Blanco Amor, abala entre a afección e a Arte. Esa inadaptación á linguaxe formalizada é expresión dunha vacilación identitaria: o suxeito resístese á noción de obra, oponse ó poder institucionalizador da comunidade. Nese contexto, a virtualidade do desexo transfórmase nun mecanismo desestabilizador dos discursos que sitúa o individuo nunha posición de incomodidade social. A obra narrativa de Blanco Amor tamén expresa ese conflito: o castelán como potencia institucionalizadora, o galego como estilo que perfora a Arte literaria e derrama o sentido (a convención).Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.




