Leal da Câmara y Valle-Inclán: un testimonio epistolar sobre sendos lances de honor en 1899
Resumo
Tomás Julio Leal da Câmara (1876-1948), pintor e caricaturista portugués, foi o primeiro protagonista, durante a súa estancia en Madrid de 1890 a 1900, dun acontecemento que se converteu nun destacado incidente no anecdotario das letras españolas do século XX: o afrontamento verbal e físico nun café entre os escritores Ramón María del Valle-Inclán e Manuel Bueno en 1899, que tivo como resultado que ficase manco o primeiro deles. O artista portugués, autor dunha emblemática caricatura de Don Ramón, dará conta nunha carta persoal da súa propia cuestión de honra, outra alterada discusión de motivo político con reto a duelo que provocaría indirectamente o fatal incidente entre Valle-Inclán e Bueno.Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.