O final do casal Limia-Seixas: a sentenza de anulación matrimonial de dona Xoana Vázquez das Seixas e Fernán Eanes de Limia (1398)

  • Miguel García-Fernández Universidade de Santiago de Compostela
  • Ricardo Pichel Universidad de Alcalá / Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela). https://orcid.org/0000-0001-9933-0293
Palavras-chave: matrimonio, sexualidade, mulleres, preitos, Galiza medieval

Resumo

O matrimonio conformado por dona Xoana Vázquez das Seixas e Fernán Eanes de Limia tivo un notable protagonismo no concerto nobiliario galego de finais do século XIV, ademais de destacar no ámbito cultural por figurar os seus nomes nun lugar prominente do conxunto cronístico que conforma a chamada Crónica geral galega (BNE Ms. 8817), o que evidencia o seu papel nas dinámicas de posesión e circulación de textos da prosa medieval galega polas cortes señoriais. Porén, até o momento nada se sabía do final deste matrimonio, que non estivo motivado polo falecemento de ningún dos cónxuxes, senón por unha sentenza de anulación matrimonial, outorgada en 1398 e cuxa edición se ofrece aquí por vez primeira.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2023-12-20
Como Citar
García-Fernández M. . y Pichel R. . (2023). O final do casal Limia-Seixas: a sentenza de anulación matrimonial de dona Xoana Vázquez das Seixas e Fernán Eanes de Limia (1398). Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 26, e94791. https://doi.org/10.5209/madr.94791
Secção
Artigos