Alicerces para trazar unha caracterización dialectolóxica da fala do concello de Castrelo do Val e do conxunto do galego, e a súa relación co cambio lingüístico

Palavras-chave: Galego, dialectoloxía, cambio lingüístico, variación, converxencia lingüística

Resumo

Esta investigación explica os alicerces da proposta dialectolóxica para o concello de Castrelo do Val e para iso empregáronse como métodos de indagación enquisas e gravacións. Tamén pretende esbozar unha proposta dialectolóxica do conxunto do galego tendo en conta o cambio lingüístico de longa duración. No concello de Castrelo do Val, onde cada lugar ten unha fala diferente, producíronse catro converxencias lingüísticas como resultado da historia, da xeografía e da veciñanza. Isto extrapólase para o resto do galego e sostense que o galego sen seseo explosivo é o galego común (entendido como aquel que ocupa unha área maior), o cal tende a coincidir co galego do bloque central de Fernández Rei. Agora ben, a falta dun estado propio e do seu aparato centralizador fixo que haxa casos de converxencias lingüísticas que só acadan algunhas zonas galegas sen chegar a constituír unha verdadeira koiné galega (aira), a cal é distinta da variante estándar. O galego da comarca de Verín converxe en moitos casos co galego común pero tamén presenta elementos orientalizantes (cantais, tu, alustro, fraga, muito), que tamén son meridionalizantes por teren continuidade no portugués lindante.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2023-12-20
Como Citar
Alonso Núñez A. S. . (2023). Alicerces para trazar unha caracterización dialectolóxica da fala do concello de Castrelo do Val e do conxunto do galego, e a súa relación co cambio lingüístico. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 26, e94029. https://doi.org/10.5209/madr.94029
Secção
Artigos