Organización e estrutura do antígrafo dos Cancioneiros da Biblioteca Nacional e da Biblioteca Vaticana
Resumo
A presente achega céntrase no antígrafo de B e V, é dicir, a Recompilación xeral da lírica trobadoresca, co obxectivo de analizar a organización dos seus contidos e a súa estrutura material. En canto á organización, parte das investigacións de C. Michaëlis de Vasconcellos, G. Tavani e A. Resende de Oliveira, complementadas cos resultados atinxidos polo autor nos seus anteriores traballos sobre variación scriptolingüística e estratigrafía textual. Por outra banda, preséntase unha proposta de reconstrución da configuración material do códice, perdido desde o século XVI. Para tanto, procédese a unha análise codicolóxica dos testemuños derivados dela, a saber, os propios apógrafos B e V. Avánzase mediante o estudo combinado de ambos os códices e da información sobre a fasciculación e foliación do antígrafo que estes presentan. As conclusións resumen os resultados acadados en canto á ordenación das composicións no soporte orixinal, os procedementos de incorporación de novos materiais e as operacións subxacentes de integración, copia, revisión, emenda, adición e reordenación. Os resultados conseguidos supoñen un avance substancial no coñecemento do proceso de constitución da tradición manuscrita da lírica trobadoresca galego-portuguesa.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.