Variación versus permanencia en 46 anos de léxico hipolóxico

Palavras-chave: cultura, linguas romances, dialectos, vocabulario, cambio lingüístico, galego

Resumo

Este artigo ten, como obxectivo principal, analizar o cambio lingüístico a nivel social e xeográfico no galego oral de 71 unidades denominativas que pertencen a tres subáreas temáticas do ámbito da hipoloxía: denominación de equinos, partes do corpo e accións vitais. Para iso, agrupa e contrasta a información dialectal, o número de rexistros e as porcentaxes de frecuencia de uso de diferentes denominacións que comparte a tese de doutoramento O léxico da hipoloxía no galego oral e a base de datos que serviu como fonte de información para a súa realización con dúas obras elaboradas en dous momentos anteriores: o Glosario de voces galegas de hoxe e o Atlas lingüístico galego. Trátase de tres estudos que achegan, no seu conxunto, información lexicolóxica xeolingüística sobre unha rede que posúe un total de 319 puntos xeográficos distintos nunha franxa temporal que abrangue case medio século. No resultado, a pesar das diferenzas que presentan per se as tres obras en canto ao tipo de autoría, fontes, obxectivos, ámbito e campo de estudo, fica demostrada a versatilidade e o inmenso valor dos seus datos para valorar e observar como aumentan, diminúen ou manteñen todas e cada unha das denominacións que teñen en común.

Downloads

Não há dados estatísticos.

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2023-08-08
Como Citar
Groba Bouza F. . (2023). Variación versus permanencia en 46 anos de léxico hipolóxico. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 25, 137-159. https://doi.org/10.5209/madr.90529
Secção
Artigos