Sempre en Galiza, prohibido pola ditadura franquista
Resumo
O presente artigo ten como obxectivo principal analizar os numerosos avatares que Sempre en Galiza sufriu ao longo do período franquista. En primeiro lugar, ofrécense algunhas informacións sobre a prohibición que impediu con especial empeño a súa publicación no noso territorio durante varias décadas. A continuación, préstase atención a aquelas páxinas do ensaio de Castelao que se incluíron nos volumes Escolma posible (1963), da editorial Galaxia, e El pensamiento político de Castelao (1965), impreso por Ruedo Ibérico en Francia. Na última parte do estudo, sométense a exame particularmente os expedientes de censura das iniciativas relativas a Sempre en Galiza que levaron a cabo, por un lado, a librería viguesa Librouro en 1975 e, por outro lado, Akal Editor en 1976 e 1977, data esta última en que saíu por fin o libro na súa totalidade entre nós.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.