Afecto, espazo e memoria en Ruinas (1866), unha novela de Rosalía de Castro

Palavras-chave: Rosalía de Castro, Ruinas, afectos, espazo, memoria, resistencia

Resumo

Ruinas (1866) é unha novela breve de Rosalía de Castro que propón unha dialéctica entre pasado e presente a través da imaxe da ruína ao situarse, ademais, nun momento de transición que xera tensións e crea novas subxectividades. O obxectivo desta análise será tomar esas personaxes protagonistas como espazos de carácter residual –en termos de Raymond Williams– que apuntan cara ao pasado como memoria ou presenza latente del no presente e, así mesmo, cara ao futuro revelando de maneira alegórica as contradicións de ambos os dous modelos e a súa propia desconfianza cara a eles. A figura da ruína posibilita, entón, unha análise de carácter marxista, a través da teoría dos afectos en diálogo coa teoría do xiro espacial, entendendo o propio corpo espectral desta como espazo liminal e arqueolóxico que abre camiños a través da memoria e do afecto. Isto é, revélase como un lugar potencialmente desestabilizador ao posicionarse, pola súa intermedialidade, como punto de resistencia fronte ao sistema dominante favorecendo, así mesmo, a emerxencia cultural.

Downloads

Não há dados estatísticos.

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2023-08-08
Como Citar
Costas López G. . (2023). Afecto, espazo e memoria en Ruinas (1866), unha novela de Rosalía de Castro. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 25, 71-98. https://doi.org/10.5209/madr.90525
Secção
Artigos