Bernardino Varela do Campo, tradutor dos textos dramáticos non galegos da Irmandade da Fala da Coruña

Palavras-chave: Tradución, teatro, Irmandades da Fala, Bernardino Varela do Campo, August Strindberg, Maurice Maeterlinck
Entidades: Proxecto de Investigación Recuperación do patrimonio teatral de Galicia 3. Relacións internacionais e traducións (FFI2016-76297-R, AEI/FEDER, UE).

Resumo

As traducións para o galego dos textos teatrais doutras dramaturxias realizadas na década de 20 do século pasado no marco do proxecto teatral das Irmandades da Fala –coa excepción das dos textos de Yeats, todas elas dadas por perdidas– eran atribuídas a Antón Vilar Ponte. Estamos a falar de textos de Strindberg, Maeterlinck, Shakespeare e varios títulos de dramaturgos lusos. A recente descuberta no espolio do coruñés Bernardino Varela do Campo de cinco cadernos con traducións de A intrusa de Maeterlink e O pai de Strindberg, xuntamente coas versións galegas de once textos teatrais portugueses da autoría de Marcelino Mesquita, Manuel Laranjeira, Júlio Dantas, João da Cámara, João Baptista, Eduardo Coelho, Diogo José Seromenho e Santos Júnior, obriga a revisar esa atribución. Neste traballo dáse conta do achado, indágase nas edicións que serviron de base ás translacións para o galego e expóñense evidencias que permiten imputar a Varela do Campo a autoría destas traducións.

Downloads

Não há dados estatísticos.

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2023-08-08
Como Citar
Biscainho-Fernandes C.-C. . (2023). Bernardino Varela do Campo, tradutor dos textos dramáticos non galegos da Irmandade da Fala da Coruña . Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 25, 51-69. https://doi.org/10.5209/madr.90524
Secção
Artigos