Distopía tecnolóxica ou apocalipse zombi? Pasado ou presente? En DX de Eli Ríos
Resumo
O obxectivo do presente traballo é analizar e interpretar DX de Eli Ríos (Urco, 2018). Ao longo do artigo indagaremos sobre como a autora elabora unha novela distópica e de final case apocalíptico, que constitúe unha clara proclama anti-capitalista. Porén, a estrutura da novela non é a esperable. Eli Ríos segue o esbozo da teoría do conto de Rafael Dieste e emprega técnicas e elementos que, en principio, pertencen ao ámbito do xénero estraño, do fantástico, ou incluso dos videoxogos do survival horror. Así, os protagonistas avanzan por un espazo realista, coñecido e cotiá, en ocasións escuro e labiríntico. Porén contra prognostico, a parella, da que descoñecemos xénero e sexo, consigue arreporse a ameaza ‘zómbi’ dende o consenso e a colaboración propias dunha relación amorosa igualitaria; cargada de erotismo e sensualidade. Unha deconstrución dos roles de xénero e unha parodia da heteronormatividade do relato heroico que ben podemos ler dende o Manifiesto contrasexual (2002) de Preciado.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.