Utopía e ucronía: a Galcia triunfante en Nordeste (2016) de Daniel Asorey

Palavras-chave: historia, ucronía, xénero, Galicia, Brasil

Resumo

Miguel-Anxo Murado no ensaio Outra idea de Galicia (2016) contesta o mito de terra sen historia utilizado para explicar o apagamento da importancia da historia da Galicia na Europa. Murado atribúe o problema aos historiadores e ás prioridades destes que ao escribiren a historia da España relegan a maioría dos episodios galegos ao esquecemento. En consonancia con esta análise e bebendo da fonte das teses de Walter Benjamin (1996), a novela Nordeste (2016) de Daniel Asorey utiliza a utopía e a ucronía para promocionar unha reparación histórica á terra galega. Nesta novela, o autor escoba a historia a contrapelo e, tamén, cambia a traxectoria histórica de Galicia ao crear un enredo ficcional que pretende responder á indagación: “Que tería pasado con Galicia se os galegos tivesen gañado a Guerra Irmandiña?”. Murado, en seu ensaio, chega á conclusión de que historia e poder son sinónimos e ese poder é restituído por Daniel Asorey ao imaxinar unha Galicia utópica, colonizadora e imperialista, detentora de colonias en Brasil. Nordeste é unha obra que pretende restituír a voz silenciada dos subalternos e submisos, os perdedores nas narrativas históricas, segundo o pensamento benxaminiano. Este libro manipula a historia e o tempo a través da conexión de catro personaxes femininas: Maria Bonita, a raíña do movemento do cangaço brasileiro; Carme de Candigas, unha personaxe ficticia e Matilda, a galega inmigrada en São Paulo, personaxe inspirada na fotógrafa americana, Mathilda Anderson. A cuarta muller é a representación feminina de Galicia, pilar da réplica imperialista e misóxina ás tentativas nacionalistas das nacións celtoatlánticas adormecidas e asoballadas polo imperialismo e centralismo británico e español.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2023-04-20
Como Citar
Gaspar Jorge T. . (2023). Utopía e ucronía: a Galcia triunfante en Nordeste (2016) de Daniel Asorey. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 25, 93-106. https://doi.org/10.5209/madr.88066