Vidas precarias e corpos vulnerábeis en Cobiza (2021) de María Reimóndez
Resumo
O posthumanismo e o ecofeminismo abandonan a idea de representar un suxeito universal e cuestionan o paradigma falocéntrico e humanista da orde simbólica. A subxectividade tórnase excéntrica, nómade, animalista (tanto persoal coma comunitaria). A encarnación e a performatividade considéranse condicións indispensábeis que sitúan a experiencia propia en relación coa experiencia dos outros, contemplando así a axencia colectiva. Isto permite, á súa vez, redefinir certos relatos naturalizados en relación coa axencia, a materialidade, a natureza, o xénero e o corpo. A súa atención céntrase nas vidas precarias e vulnerábeis, humanas e non humanas. A ficción científica acaba por ser particularmente propicia para crear, reescribir e debater estas posicións teóricas e políticas. É por iso que o obxectivo do presente artigo é estudar Cobiza (2021), a recente novela distópica de María Reimóndez á luz do ecofeminismo e do pensamento posthumanista. Veremos, entón, como a novela participa na produción e reprodución social e política de subxectividades marcadas pola exclusión e polo estrañamento, encarnadas en figuras de parias e de tránsfugas.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.