Emilia Pardo Bazán como modelo na narrativa galega coeva (1899-1919)
Resumo
Ante a cuestión de se a obra e o pensamento de Emilia Pardo Bazán foron asimilados ou rexeitados desde o comezo polo sistema literario galego, este traballo trata de responder amosando como, ao longo da súa traxectoria vital e creativa (1851-1921), a autora foi tida en conta, mesmo con carácter de referente canónico, nos momentos difíciles para os protosistemas narrativos galegos de finais do s. XIX e das primeiras décadas do s. XX. Eses momentos foron tamén decisivos para a prosecución do ronsel rexurdentista, nun caso; e noutro, para a formación do segundo Renacemento cara á definitiva narrativa galega moderna do s. XX. Dúas novelas, de «Xan de Masma» (seudónimo de Patricio Delgado Luaces) e de Vicente Risco, son aquí enfocadas no marco do comparatismo ibérico desde dous títulos de Pardo Bazán, Los Pazos de Ulloa e La sirena negra. Con estas probas tematolóxicas e metanarrativas, así como de filiación a determinadas escolas ou estéticas, etc., conclúese que houbo transferencias sistémicas que tiveron a orixe na posición que Emilia Pardo Bazán ocupaba no parnaso de escritores que estaban a forxar esa narrativa en galego.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.