De subenca a ba fenecer. Reclamando o catastro de Ensenada para o estudo do galego moderno
Resumo
Os estudos de lingüística histórica galega enfrontaron, de sempre, dificultades para as súas pescudas sobre o galego da Idade Moderna debido á escaseza ou menor proliferación de fontes escritas nesta lingua durante o período en comparación cos precedentes ou subseguintes. A través do estudo de varios documentos do catastro de Ensenada, elaborado en castelán no século XVIII, relativos á comarca galega de Barcala, identificamos mediante unha exhaustiva investigación individualizada máis de medio cento de voces ou construcións netamente galegas ‒ou afectadas por fenómenos típicos do galego da época‒ que analizamos detalladamente en diferentes planos gramaticais: o fonético, o morfolóxico, o sintáctico, o léxico e o semántico. O estudo desas interferencias da lingua galega no castelán dos textos permite achegármonos a diferentes características do galego medio, particularmente do falado nesa comarca do occidente galego e, mediante esa contribución, o artigo pretende poñer en valor e reclamar unha necesidade aínda non explotada: a de valerse do catastro de Ensenada como fonte documental indirecta para estudar o galego moderno, malia estar escrita en castelán.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.