Descrición do burro na sociedade galega: expresións figuradas galegas que retratan este animal

Palavras-chave: expresión figurada, conceptualización, sociedade galega, animalización, burro

Resumo

O presente estudo, que forma parte dunha investigación fraseolóxica máis ampla, é unha análise de 72 expresións figuradas galegas construídas co referente animal de burro. Partimos da idea de que o ser humano conceptualiza certas situacións da súa vida cotiá, que lle resultan frecuentemente abstractas, a través da linguaxe figurada. Os referentes do mundo animal ocupan un lugar importante na creación de expresións figuradas, nas que o ser humano adoita verse animalizado para, dese xeito, comprender mellor determinadas realidades. A través da análise destas expresións, extraídas tanto de obras lexicográficas xerais e especializadas galegas coma da lingua oral, pretendemos coñecer a valoración que os galegos fan do burro, centrada en tres ámbitos temáticos: a caracterización do animal (tanto física coma moral), as relacións deste con outros animais e co ser humano e a valoración histórica do mesmo na sociedade galega. De xeito xeral, as valoracións de tipo negativo ocupan un lugar importante na caracterización do burro, mentres que as valoracións positivas e neutras teñen unha porcentaxe de aparición menor.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2021-12-23
Como Citar
González Pereira A. (2021). Descrición do burro na sociedade galega: expresións figuradas galegas que retratan este animal. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 24, 101-117. https://doi.org/10.5209/madr.80236
Secção
Artigos