A clasificación das variedades dialectais do galego de Ricardo Carvalho Calero

Palavras-chave: Ricardo Carvalho Calero, dialectoloxía galega, historia da lingüística galega, galego, portugués

Resumo

Neste traballo pretendo analizar a obra dialectolóxica de Ricardo Carvalho Calero; en concreto, voume centrar na súa proposta de clasificación das variedades dialectais do galego. Para iso, presentarei, en primeiro lugar, a súa visión do galego como lingua unitaria: aínda que presenta variación dialectal, non contén dialectos no seu interior, senón entidades que el denomina modalidades. En segundo lugar, prestarei especial atención a como elaborou a súa clasificación, ós seus presupostos teóricos e describirei a proposta en si mesma. Tamén analizarei algunhas das críticas que outros autores realizaron sobre aquela. A análise sobre este último aspecto non ten un mero valor historiográfico local, senón que oculta importantes cuestións teóricas previas á realización das investigacións dialectais. Finalmente, conclúo que, a pesar da pouca información con que don Ricardo contaba, a súa organización das falas galegas estaba ben fundamentada e segue a merecer o noso respecto.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2021-12-23
Como Citar
Dubert-García F. (2021). A clasificación das variedades dialectais do galego de Ricardo Carvalho Calero. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 24, 69-80. https://doi.org/10.5209/madr.80234
Secção
Artigos