O legado cultural de Victorino Abente y Lago (1846-1935) no Paraguai: “o primeiro intérprete do sentimiento nacional”
Resumo
Primo carnal de Pondal e tío e sogro de Gonzalo López Abente, a importancia do poeta e xornalista Victorino Abente y Lago (1846-1935) non é menor que a dos seus parentes ilustres. Juan O’Leary, o gran ideólogo do nacionalismo paraguaio, nun artigo de 1923 cualificaría Abente y Lago como o “patriarca de nuestra poesía” e “el primer intérprete del sentimiento nacional”. A presente contribución pretende rescatar a memoria dun persoeiro –por diversos motivos esquecido tanto no Paraguai como na súa Galicia natal– que tivo un papel fundamental no desenvolvemento das letras paraguaias a finais do século XIX e principios do XX, e tamén na propia formación teórica da nacionalidade paraguaia. Neste senso, a obra de Abente y Lago pode considerarse como unha proxección tanxible, aínda que non recoñecida, da cultura galega fóra e lonxe das fronteiras de Galicia. A análise organízase en tres seccións nas que se deliñan primeiro os antecedentes historiográficos detrás do presente estudo, os trazos da vida do poeta e o contexto histórico paraguaio, e en segundo lugar os contidos e os significados da súa composición máis coñecida, La Sibila paraguaya (1886), máis o seu acollemento por parte dos contemporáneos de Abente. Finalmente, na terceira sección falaremos da influencia posterior desta obra sobre a literatura e o pensamento paraguaios a principios do século XX.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.