Procesos migratorios de ida e volta. Oralidade e transposición escrita nas memorias dun militante antifranquista: David Álvarez Carballido. De Galicia a Arxentina (e viceversa)

Resumo

Este artigo expón diferentes aspectos e cuestións teóricas vencelladas a un proceso de edición feito sobre a base dunha serie de entrevistas orais realizadas nos anos 90 por Antón Santamarina, a selección publicada en homenaxe a Xesús Alonso Montero e a reunión, por Anahí Almasia, no ano 2016, destas fontes que tiveron como protagonista a David Álvarez Carballido (A Fonsagrada, 1922-2017). O material obxecto de análise comprende a narración en lingua galega dunha historia persoal e familiar que involucra un marco referencial ilustrativo de avatares históricos e políticos fundamentais de Galicia e de Arxentina ao longo de gran parte do século XX, así como tamén aspectos de procesos migratorios e experiencias de represión e cárcere que se poden recoñecer noutras latitudes. Preténdese analizar as operacións de transposición en libro dos soportes ditos e as bases teóricas tidas en conta particularmente no proceso de edición no que participei.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2020-12-16
Como Citar
Sánchez M. (2020). Procesos migratorios de ida e volta. Oralidade e transposición escrita nas memorias dun militante antifranquista: David Álvarez Carballido. De Galicia a Arxentina (e viceversa). Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 23(Especial), 321-330. https://doi.org/10.5209/madr.73623