“Agora abriuse algunha porta e sae toda para fóra”: a mímese da memoria na novela galega do século XXI

Palavras-chave: memoria cultural, guerra civil, franquismo, narrativa galega, mímese de memoria

Resumo

Nas últimas dúas décadas, as novelas galegas que tematizan o pasado recente da guerra civil e o franquismo téñense multiplicado e especializado, conformando o corpus da denominada “narrativa da memoria” un subxénero literario propio en Galiza. É a nosa hipótese que un dos principais cambios que amosan os textos publicados a partir do ano 2000 con respecto á produción memorialística anterior é que xa non só constitúen representacións máis ou menos realistas de acontecementos traumáticos relacionados coa resistencia ou a represión franquista, por exemplo, senón que os propios procesos de rememoración –individual e colectiva– daqueles acontecementos xorden como un asunto central na propia diéxese narrativa. No presente traballo ocuparémonos de analizar esta tendencia da representación literaria da memoria ou “mímese da memoria” a través dunha serie de novelas galegas recentes como Expediente Artieda de Luís Rei Núñez, O exiliado e a primavera de Manuel Veiga ou Home sen nome de Suso de Toro.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2020-12-16
Como Citar
Rivadulla Costa D. (2020). “Agora abriuse algunha porta e sae toda para fóra”: a mímese da memoria na novela galega do século XXI. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 23(Especial), 293-306. https://doi.org/10.5209/madr.73622