O apoio galego a Unamuno cando foi desterrado a Fuerteventura
Resumo
O pensador español don Miguel de Unamuno “non camiñou só” cando foi desterrado pola Ditadura de Primo de Rivera desde Salamanca a Fuerteventura (Illas Canarias), en febreiro de 1924. Personaxes procedentes de Galicia, ao carón de figuras vinculadas á masonería, facilitaron a súa acolleita na illa do vento. O filósofo bilbaíno recorreu ao cirurxián lucense José Goyanes Capdevila para conectar coa poderosa familia Castañeyra, tamén orixinaria de Lugo, que lle serviría de anfitrioa durante o seu illamento forzoso. A presente investigación revela datos descoñecidos da súa accidentada viaxe ata o arquipélago e os catro meses de confinamento, que compartiu con Rodrigo Soriano, o político federalista radical, igualmente vasco.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.