Modernos e belixerantes: Entretemento e pedagoxía no folletín literario de "Galicia Emigrante"

Palavras-chave: Galicia Emigrante (revista), literatura e educación popular, Guerras Frías culturales, cultura impresa

Resumo

A investigación recollida neste artigo usa como fío conductor a narrativa publicada no folletín literario da revista Galicia Emigrante (1954-1959, 37 números), dirixida polo exiliado republicano Luís Seoane. En primeiro lugar, o texto localiza a narrativa breve publicada na revista dentro do proxecto de educación popular artellado á volta desta publicación, ao tempo que sitúa este proxecto no contexto dunhas Guerras Frías culturais transatlánticas ás que non foi allea a cultura orgánica ao galeguismo, especialmente durante os anos cincuenta. Dende dentro deste marco, o artigo analiza a literatura narrativa publicada no folletín literario de Galicia Emigrante por autores como Antonio Baltar, Eduardo Blanco-Amor, Xosé Neira Vilas, Leopoldo Nóvoa, Xosé Núñez Búa, Xosé Ruibal ou Ramón de Valenzuela. Máis alá de poñer en valor antecedentes de fórmulas narrativas que deron en fitos definitorios da narrativa en galego de posguerra –como Non agardei por ninguén (1957) ou A Esmorga (1959)–, o artigo procura unha achega á historia intelectual galega do mesmo período, visibilizando o proxecto fracasado dunha terceira vía coa que os intelectuais de Galicia Emigrante procuraron, sen éxito, incidir nos debates sobre o futuro do nacionalismo galego que resistía –ben no exilio, ben na clandestinidade– ao franquismo.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2020-12-13
Como Citar
García Martínez P. (2020). Modernos e belixerantes: Entretemento e pedagoxía no folletín literario de "Galicia Emigrante". Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 23(Especial), 203-215. https://doi.org/10.5209/madr.73620