Entre o épico e o paródico: procesos de liberación nacional en La saga/fuga de J. B. de Gonzalo Torrente Ballester

Palavras-chave: novela histórica, alegoría nacional, autodeterminación, construción nacional, Torrente Ballester

Resumo

Gonzalo Torrente Ballester (1910-1999) é, sen dúbida, un dos máis importantes novelistas da literatura española da segunda metade do pasado século. A conquista desa posición canónica a partir dos anos 70 está directamente relacionada coa boa recepción, tanto por parte da crítica como por parte do público, da que gozou a súa novela La saga/fuga de J. B., publicada en 1972. É tamén a partir dese momento que o autor se achegará á cultura galega e que comezará a participar dos seus debates intelectuais e políticos. Con este contributo pretendemos deitar luz sobre as estratexias que Torrente desenvolveu para conseguir ocupar posicións relevantes en dous sistemas –o galego e o español– sucados por un conflito nacional. Analizaremos con ese fin o papel que historia e historiadores xogan en La saga/fuga de J. B., prestando particular atención aos distintos procesos de liberación nacional que constitúen a súa trama. Intentaremos así dar unha nova lectura ao texto que o comprenda non só como un artefacto lúdico, senón tamén como un texto de compromiso político.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2020-12-16
Como Citar
Pesado Rodríguez P. (2020). Entre o épico e o paródico: procesos de liberación nacional en La saga/fuga de J. B. de Gonzalo Torrente Ballester. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 23(Especial), 267-283. https://doi.org/10.5209/madr.73612